ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*TRIGO LIMPO: DUAS HISTÓRIAS DE SOLIDAO

A partir de “do avesso e do direito” de Eduarda Dionísio e de “o mal de Ortov” de Jaime Rocha. Dramaturxia e dirección: Pompeu José. Interpretación: Raquel Costa e Ruy Malheiro. Asistencia: Gil Rodrigues. Escenografia: Marta Fernandes da Silva e Zé Tavares. Música: Miguel Cardoso. Vestiario: Colectivo. Carpinteria: Sílvio Neves e Carmosserra. Deseño de luz: Luís Viegas. Técnico: Paulo Neto. Fotografia de escena: Carlos Teles. Vídeo: Zito Marques. Son: Cajó Viegas, João Paulo Martins e Zito Marques Este é o primeiro espectáculo dun ciclo de produccións denominado “Interiores”. Un proxecto que tenta esencialmente contribuir para o desenvolvimento da dramaturxia en língua portuguesa e, ao mesmo tempo, levar á descoberta de personaxes que axuden a reflectir sobre os distintos sinais da “portugalidade” contemporánea. Para este proxecto foron convidados algúns autores a escreveren, cada un, un texto orixinal. Neste Interiores I usamos as palabras de Eduarda Dionísio e Jaime Rocha. Na primeira história unha personaxe feminina reinventa o pasado através do que ten gardado na súa memoria esburacada. Relembra principalmente un compañeiro e amigo do período revolucionário pós 25 de Abril. El é agora membro do governo. Ela viu a toma de posesión na televisión. Soa representa, entre a realidade e a ficción, o eu e o outro, os outros… Na segunda história unha personaxe masculina, Ortov, é tamén un desesperado. Toma o público como testemuña dun crime que non sabemos se cometeu. Di que matou a viciña e explica detalladamente as razóns representando as voces que ainda ouve dentro da cabeza: da viciña e do marido, do psiquiatra…

Atrás

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: