ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*TRIGO LIMPO: CANTOS DA ÑINGUA

Interpretación:Carlos Peninha, José Rui Martins, Lydia Pinho, Mariana Abrunheiro, Miguel Cardoso. Dirección Artística:José Rui Martins e Mariana Abrunheiro. Dirección Musical:Carlos Peninha. Concepción teatral:José Rui Martins - Ai! Se Sêsse!, Saldo Negativo, Habeas Pinho, Melão ao Mar, Só para Pobres, Luz Negra e Festejos de Aldeia.Técnicos de Som e Luz:Luís Viegas, Paulo Neto, Cajó Viegas Trigo Limpo están de novo na Galiza para celebrar con eles os seus 30 anos de existencia, de resistencia e de achegamento. Con estes seus cantos da lingua queremos tamén celebrar a todos os que en Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique, Portugal, Sao Tomé e Príncipe, Timor-Leste e Galiza autentifican este noso idioma común. Fagamos deste concerto unha festa da comunicación feita coa palabra, dita e musicada. Desde 1980 o Trigo Limpo teatro ACERT desenvolve unha creación regular de iniciativas onde a palabra é a protagonista. Nun primeiro momento, naceu a declamación de José Rui Martins con instrumentistas ocasionais e decididos à aventura. Nun período mais longo, xuntóuselle o talento de Carlos Clara Gomes en formatos de espectáculo distintos, con moitos outros músicos. En 1999, Soltar a Língua dá un novo impulso ao proxecto, coa participación constante de Carlos Peninha, Mariana Abrunheiro e, mais tarde, Miguel Cardoso. Este novo “CANTOS DA LÍNGUA”, estreado em Marzo de 2006 (nun ano que marca os 30 anos de actividade da ACERT), dá forma a un traballo que asume contornos dun desafio máis louco e esixente.

Atrás

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: