Publicidade
Contacto
|
*TRABALHADORES DO COMÉRCIO
Ao núcleo orixinal: Sérgio Castro, Álvaro Azebedo, Joao Médicis, Miguel Cerqueira, xúntase o pianista Jorge Filipe Santos
Pioneiros do rock cantado en portugués (con sotaque á moda do Porto), acompañaron a Siniestro Total no seu primeiro concerto en Vigo en 1981 e con eles comparten unha visión desenfadada, divertida, independente e iconoclasta da música. Durante os primeiros anos 80 deran moitos concertos e gravaran dous Lp’s. Daquela a voz do grupo era a do sobriño de Sérgio Castro, Joao Luis Médicis, coñecido como “o puto”, entón con 7 anos. E o grupo popularizou algunhas cancións que reflexaban o seu peculiar sentido do humor: o mítico “Chamem á polícia”, ou “Sim, soue um gaijo do Puarto”, “Haxixa na brasa” e “Taqetinho ou Lebas no focinho”. En 1982 o grupo suspende a súa actividade, pero rexurden puntualmente en 1986 para concorrer ao Festival RTP da Canción e en 1990 para gravar un novo disco: “Sermoes a todo o rebanho”, que contou coa colaboración de moitos músicos galegos e é probablemente o primeiro disco verdaderamente galaico-portugués. Esporadicamente, o grupo volveu xuntarse para tocar en directo, sobre todo na cidade do Porto. Agora, trinta anos e algúns cabelos brancos despois os “gajos do puarto” voltan a dar que falar e publican un novo disco de orixinais. Sempre desaliñados, manteñen a rebeldía, o inconformismo e a ousadia doutros tempos.
Atrás
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|