Publicidade
Contacto
|
*TEATRO DE MARIONETAS DO PORTO: NADA ou o siléncio de Beckett
Dirección e escenografía: João Paulo Seara Cardoso. Marionetas e vestiario: Júlio Vanzeler. Deseño de luz: António Real. Música: Roberto Neulichedl. Produción: Mário Moutinho. Interpretación: Rui Oliveira, Sérgio Rolo, Marta Nunes. Dirección de Montaxe: Igor Granda. Técnicos de construcción: Abílio Silva, Filipe Garcia, Vítor Silva. Confección vestiario: Branca Elíseo.
Un dos mais aclamados espectáculos producidos polo Teatro de Marionetas do Porto. Marionetas que dan a réplica aos actores-manipuladores nun “show” truculento e enigmático, onde, alén de Willy e Winnie, a parella de “Dias Felices” ou Didi e Gogo, os vagabundos que están “À espera de Godot”, aparecen outras criaturas menos famosas mas igualmente posuídas pola furia burlesca, case sempre sacrílega, das mil e unha personaxes con que Beckett continua a poboar a indiferencia de Deus. Nada ou o Silêncio de Beckett é un espectáculo construído a partir de impresións do universo de Samuel Beckett. Nace dunha forte contaminación dos criadores e actores polas paisaxes e personaxes do mundo becketiano. Nada ou o Silêncio de Beckett é como un soño difuso e amarelado no que vagueamos con toda esa galeria de homes e mulleres impregnados dun estraño silencio valeiro, sempre tocando ao de leve na escuridade para nos facer sentir, ao final, poeticamente a posibilidade dun mundo máis luminoso.
Atrás
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|