ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*PERIPECIA TEATRO: IBÉRIA ou a louca história de uma peninsula

Creación e Interpretación: Noelia Domínguez, Sérgio Agostinho, Ángel Fragua. Iluminación: Paulo Neto, Luis Viegas. Operador de luz: Eurico Alves. Vestiario e Atrezzo: José Rosa. Deseño Gráfico: Zétavares / Pedro Coelho. Fotografía: Carlos Teles. Dirección: José Carlos Garcia Peripecia é unha compañía transnacional, con sede na cidade de Macedo de Cavaleiros (Bragança), fundada en 2004 por dous actores españois e un portugués. Propoñen a creación de espectáculos orixinais nos que, ademais dos textos, desenvolven unha intensa compoñente física e visual, botando man das técnicas do clown, do mimo e do teatro físico. Hai dous anos Peripecia presentouse con este espectáculo de clown que nos convida a facer unha divertida e irónica viaxe a través da historia da península Ibérica e, dende entón, son moitos os lugares nos que actuaron. Unha gran batalla na que o absurdo, a ironía e o humor loitan con lendas, feitos históricos e episodios inverosímiles. Tres actores atópanse nun palco valeiro. Cada un leva consigo mun pequeno kit. Este inclúe un simple manual de instruccións do que se servirán para facer unha fugaz pero divertida viaxe pola historia da Península Ibérica: vanlles aparecer tres pastorciños, van ser rodeados por unha cruel batalla entre portugueses, españois e musulmáns, encarnarán a Camoes e Cervantes, atoparán a Viriato e a Inés de Castro...

Atrás

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: