Publicidade
Contacto
|
*Este xoves 1 de febreiro ponse en marcha o programa Aprender para Educar no Concello de Viveiro
• Esta aula de formación pretende ser punto de reunión e encontro de todas aquelas persoas interesadas na educación das súas fillas e fillos
Redacción 30 de xaneiro de 2007 A Asociación-Socio Pedagóxica Galega e Área de Benestar social e a Concellaría de Educación do Concello de Viveiro, van levar a cabo entre os xoves de febreiro e marzo un programa dirixido ás familias baixo o nome Aprender para Educar. As charlas vanse levar a cabo no Centro Comarcal da Mariña Occidental, ás 20:00 horas os días 1, 8 e 22 de febreiro e 8 e 29 de marzo.
Ninguén pon en dúbida que a familia xoga un papel fundamental no desenvolvemento das persoas pois é nas familias onde se realizan as primeiras aprendizaxes básicas para o crecemento e para a socialización das nenas e os nenos.
Esta aula de formación pretende ser punto de reunión e encontro de todas aquelas persoas interesadas na educación das súas fillas e fillos, e nela vanse tratar diferentes temas ao longo destes días no centro Comarcal da mariña Occidental ás 20:00 horas.
Haberá servizo de gardaría de balde para quen queira achegarse coas fillas ou fillos.
Programa:
Xoves 1 de febreiro
Os xoguetes necesitan nenos e nenas para xogar
Juan Antón Pintos
Mestre de Primaria e orientador de Preescolar na casa
Xoves 8 de Febreiro
O éxito escolar, de que factores depende?
María Xosé Bravo San José
Licenciada en Psicoloxía e Orientadora
Xoves 22 de Febreiro
Educación para a saúde
Andrea Galego Valdeigrexas
Médica de familia no Centro de Saúde do Sagrado Corazón de Lugo
Xoves 8 de marzo
A estimulación temperá
Sara Paz
Pedagoga e membro de Preescoalr na Casa
Xoves 29 de marzo
A violencia nas aulas
Mercedes Mourenza
Psicopedagoga
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|