Publicidade
Contacto
|
*Nas lendes do documentario con 'Sen sol' de Chris Marker no Cineclube de Compostela
Redacción 30 de xaneiro de 2007 O Cineclube de Compostela proxecta este mércores 31 de xaneiro, ás 22:00 horas n'O Pichel (Santa Clara, 21), Sen sol (1983), un dos filmes máis importantes do documentalista francés Chris Marker. Sen sol, porén, supera os límites do que tradicionalmente se entende como documentario. É un ensaio, un caderno de viaxes pola vida, un diario poético que vai de San Francisco a Toquio. Une documental e fición, xoga coa montaxe e recréase no mundo onírico que lle suxire a música de Mussorgski, da que está tirado o título do filme, para falar dos recordos.
Ex-alumno de Jean-Paul Sartre na cátedra de Filosofía, antigo membro da resistencia francesa e cineasta políticamente comprometido coas causas da esquerda en todo o mundo, Chris Marker é un dos nomes esencias do documentalismo internacional. Comezou a traballar no grupo francés de la rive gauche e o recoñecemento internacional veulle co filme La jetée, en 1962. No entanto, malia o recoñecimento da crítica, a súa obra é aínda hoxe de difícil acceso. Para alén de Sen sol, un dos seus filmes mais reputados, o Cineclube de Compostela xa ten proxectadas outros dos seus títulos como Os astronautas (1959), Lonxe de Vietnam (1967) ou O fondo do aire é vermello (1977). Após a realización de Sen sol, interesase pola tecnoloxía multimedia, tendo realizado proxectos interactivos.
A proxeccións realizaranse, como xa é habitual no Cineclube na súa versión orixinal con subtítulos en galego, e a entrada será de balde, puidendo os asistentes adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube.
Voltar a Cinema
Ir á Portada
|
|