Publicidade
Contacto
|
*Amnistía Internacional pediu ao goberno israelí que entregue os mapas dos ataques con bombas ácio no sur do Líbano
Redacción 30 de xaneiro de 2007 Amnistía Internacional pediu ao goberno israelí que entregue mapas detallados coas coordenadas precisas das zonas do sur do Líbano en que as súas forzas arroxaron centos de miles de bombas de ácio nos meses de xullo e agosto de 2006 durante o conflito con Hezbolá, que durou 34 días.
Cada día que se demora en facelo, Israel está poñendo en perigo máis vidas
de civís no sur do Líbano. É imprescindíbel que se dean a coñecer con carácter
urxente os mapas detallados e toda a información restante a fin
de reducir o perigo tanto para a poboación civil das zonas afectadas
como para quen levan a cabo as operacións de remoción de minas.
Nos seis últimos meses, accidentes relacionados con bombas de ácio sen
explotar causaron máis de 200 vítimas, entre elas varios menores, no
núcleo e os alrededores de pobos do sur do Líbano. Xa morreron 30
persoas, das cales 8 eran desminadores, e máis de 180 resultaron
feridas, incluídos 20 desminadores. Moitos dos feridos quedaron
mutilados para sempre. Ao non facilitar mapas nin outra información para
localizar os lugares en que as súas tropas empregaron bombas de ácio, Israel
dificulta e ralentiza as tarefas de remoción de munición sen
explotar, facendo que tanto a poboación civil como o persoal de desminado
corresen un perigo maior e innecesario.
O Centro de Coordinación de Acción contra as Minas da ONU identificou máis de 800 lugares onde hai esparcidos restos aínda mortíferos
de bombas de ácio sen explotar, e calculou que as tarefas de desminado
durarán polo menos un ano enteiro.
A medida que pasan os días resulta máis inxustificábel o feito de que as
autoridades israelís non faciliten información pormenorizada sobre as
bombas de ácio que utilizaron en Líbano. Deberían actuar de inmediato para
garantir que toda a información pertinente se entregue ao Centro de coordinación
da ONU sen máis demoras e evasivas.
Amnistía Internacional pide a Estados Unidos, proveedor de moitas das
bombas de ácio utilizadas polas forzas israelís no sur do Líbano,
que garanta a entrega de mapas e demais información por parte das
autoridades israelís a fin de reducir as posibilidades de que haxa máis
vítimas civís.
A maior parte da submunición de bomba de ácio sen explotar esparcida
por todo o sur do Líbano, que segue representando un perigo mortal para
a poboación local, o persoal de remoción de minas e as forzas de mantemento
da paz da ONU, é de fabricación estadounidense.
En agosto e setembro de 2006, persoal de investigación de Amnistía
Internacional localizou submunición BLU-63 sen explotar procedente de bombas
de ácio CBU-58B nunha casa situada na vila de 'Ainata e no patio
doutra casa na vila de Rashaya al Foukhar. As bombas de ácio
CBU-58B están fabricadas en Estados Unidos. Cada unha delas contén 650
pequenas bombas BLU-63 e arróxanse desde o aire.
Así mesmo atopouse unha cantidade inmensa de submunición BLU-63 sen explotar
nas proximidades de Nabatiyeh, ao norte do río Litani, onde Israel non
avisara con antelación á poboación local da súa intención de lanzar
ataques aéreos ou de artillería.
O persoal de investigación de Amnistía Internacional tamén localizou
submunición de ácio M42 e M46 sen explotar nas inmediaciones da vila
de 'Aitaroun. Tanto as M42 como as M46 son bombas de fabricación
estadounidense e lánzanse con pezas de artillería.
Unha terceira clase de submunición de ácio sen explotar atopada no sur
do Líbano e fabricada en Estados Unidos é a M77, lanzada mediante un
sistema de lanzacohetes múltiple. O resto eran principalmente bombas M85,
fabricadas por Israel.
Amnistía Internacional segue pedindo a Estados Unidos e ao resto da
comunidade internacional que impoñan un embargo de armas a Israel e a Hezbolá,
e que o fagan cumprir, até que entre en funcionamento un mecanismo
efectivo con capacidade para garantir que non se empregan armas para cometer
violacións graves do dereito internacional humanitario. En particular,
Estados Unidos, Líbano, Irán e Siria deben comprometerse a non enviar armas
que poidan ser utilizadas para cometer abusos a ningunha das partes e a impedir
que transiten polo seu territorio.
A organización pide así mesmo ao goberno de Israel que declare suspendido
o emprego de calquera arma de ácio e que proporcione mapas da
ubicación das minas terrestres que as súas forzas colocaron o ano pasado no
sur do Líbano.
Fonte: Axencia Walsh
Voltar a Internacional
Ir á Portada
Ver Anteriores
|
Publicidade:
|