ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O Alcalde, o Secretario e o Arquitecto municipal de Ribadeo declararon hoxe como imputados no caso da piscifactoría de Rinlo
• ADEGA envía un comunicado con motivo de esta citación

Chuza! esta nova!
Redacción 30 de xaneiro de 2007 Na mañá de hoxe compareceron para declarar como imputados, citados polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Mondoñedo, o Alcalde de Ribadeo, Balbino Pérez Vacas, o Arquitecto Municipal, Francisco Manuel Moreda Gil, e o Secretario do Concello, Manuel Díaz Sánchez. En relación a esta citación, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, envía un comunicado que reproducimos integramente a conatinuación:

Ribadeo, a 30 de Xaneiro do 2007
O ALCALDE, O SECRETARIO E O ARQUITECTO MUNICIPAL DE RIBADEO DECLARAN HOXE COMO IMPUTADOS NO XULGADO Nº 2 DE MONDOÑEDO EN RELACIÓN Á ACTUACIÓN MUNICIPAL NO OTORGAMENTO DE LICENZA MUNICIPAL Á PISCIFACTORIA DE ALVAREZ-CASCOS EN RINLO.


Na mañán de hoxe comparecen para declarar como IMPUTADOS, citados polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Mondoñedo, o Alcalde de Ribadeo, -D. Balbino Pérez Vacas-, e máis o Arquitecto Municipal, -Francisco Manuel Moreda Gil-, e o Secretario do Concello, -Manuel Díaz Sánchez. En relación a esta citación, dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, queremos recordar ante á opinión pública:
Primeiro.- Esta actuación xudicial de hoxe é un dos resultados das sucesivas denuncias presentadas por ADEGA con motivo de o Sr. Alvárez-Cascos ter iniciado as obras de construcción dunha piscifactoria nun espazo protexido da Rede Natura do litoral con hábitats prioritarios no cal, dacordo coa lexislación,

  1. por pertenecer ao litoral, só pode ser ocupado con “obras, instalacións e actividades que, pola súa natureza, non podan ter outra ubicación” (artigo 25 da Lei de Costas).
  2. por albergar hábitats prioritarios, só pode ser ocupado alegando “consideracións relativas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o meio ambiente, ou ben outras razóns imperiosas de interese pública o primeira orde” e sempre, previa consulta a través do cauce correspondente, á comisión Europea.

E, dende logo, resulta absolutamente innegable que esta piscifactoría podía ter moitas outras ubicacións fora da zona de servidume do litoral e fora do espazo protexido da Rede Natura.

Segundo.- Esta defensa dos espazos protexidos do litoral fronte ás amenazas do Plano de acuicultura do ex-conselleiro de Pesca, D. Enrique López Veiga, foi a intención (e ningunha outra) de toda a nosa oposición á esta piscifactoría do Sr. Alvárez-Cascos dende o mesmo momento que asumimos o risco de colocarnos diante das máquinas.
-Fronte a un plano sectorial aprobado a toda prisa polo anterior governo en funcións (30/06/2005 cando as eleccións tiñan sido o 14/06/2005) amenazando a trece espazos da Rede Natura do litoral, -todos con hábitats prioritarios-;
- fronte un proxecto sectorial aprobado (xunto co de Cabo Touriñán) no último Consello da Xunta de Fraga (28/07/2005)
-e fronte a un concello de Ribadeo que mesmo otorgaba licenza municipal ao día seguinte do acordo da Xunta sen agardar por publicación algunha,
na nosa sensibilidade, non xa ecoloxista, senón de simple defensa da xustiza social, non había lugar a outra actuación. Era esta unha actuación absolutamente necesaria e gracias a ela disfrutamos hoxe de poder compartir con toda a cidadanía de Galiza a satisfacción de ter salvado este pequeno espazo protexido da nosa Rede Natura do litoral e tamén a de saber que esta preocupación polo litoral, polos espazos da Rede Natura e por unha aplicación da lexislación a todos os cidadáns por igual está a ser asumida tamén polo Governo da Xunta de Galiza fronte a chantaxes tan impresentables como que está a realizar actualmente Pescanova para seguir disfrutando dos inaceptábeis tratos de favor aos que viñan acostumbrados polo governo anterior.

Terceiro.- No caso da ubicación desta piscifactoría, temos denunciado reiteradamente o inaceptabel trato de favor que tén recibido o Sr. Alvárez-Cascos por parte do anterior governo da Xunta e por parte do actual governo do Concello de Ribadeo dende o mesmo inicio da tramitación do correspondente expediente. Como explicar se non:

  1. de que forma sabía senón o Sr. Alvárez-Cascos en Maio do 2004 que se ía a modificar a Lei do Solo (Lei 9/2002) para permitir a ubicación de piscifactorías en “solo rústico de especial protección de espazos naturais”;
  2. como explicar que, contra toda legalidade e toda xustiza social, poda ter esta ubicación unha declaración de impacto ambiental favorable sobre un espazo da Rede natura con hábitats prioritarios sen máis que xustificar que calquer outra ubicación fora da Rede Natura lle resultaba demasiado costosa (Resolución do 30/05/2005);
  3. como explicar que A Xunta de Galiza lle ía a poder vender unha parcela de 42.000 metros cadrados dun espazo natural protexido e, por riba, procedente da concentración parcelaria da Villaframil, cando estas parcelas, por lei, non podían ter outro uso que o agrario ou de aproveitamento colectivo.
  4. como explicar a prisa do governo en funcións en aprobar a Declaración de Impacto Ambiental (30/Maio/2005), o Plan Sectorial de Acuicultura (30/Xuño/2005) e o correspondente proxecto sectorial (28/Xullo/2005) no último consello da Xunta do Sr. Fraga.
  5. como explicar a urxencia do Concello de Ribadeo en otorgar licenza municipal ao día seguinte deste consello da Xunta, sen agardar por publicación algunha ou sen agardar pola autorización de costas e pola da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Non son, pois, o Sr. Alcalde e os dous funcionarios municipais os únicos a ser inculpados por este trato de favor: tamén o anterior Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o anterior Conselleiro de Meio Ambiente, -Sr. Barreiro-, o anterior Conselleiro de Pesca, -D. Enrique López-Veiga-, ou anterior Conselleiro de Agricultura, deberán explicar diante da xustiza as razóns de tal inaceptable trato de favor na aprobación da declaración de impacto ambiental, na tramitación e aprobación do plan sectorial de acuicultura e na venta dunha parcela da concentración parcelaria. Esperamos, dende logo, que a administración de xustiza saiba ver tamén estas outras responsabilidades.

Cuarto.- Para acabar, non podemos, menos que alegrarnos desta actuación xudicial, por canto representa o recoñecemento do que reiteradamente vimos denunciando, e tamén, sobre todo, polo que representa de recoñecemento da administración de xustiza a unha lexislación ambiental que, ao igual que calquer outra, foi feita tamén para ser aplicada, co mesmo rigor que calquer outra, e, por suposto, para ser aplicada a todos e a todas por igual. Non é de lei que se poda autorizar esta instalación nun espazo protexido da Rede Natura, e non é de xustiza que o negocio privado do Sr. Alvárez-Cascos ou de calquer outra empresa poda ubicarse sobre un solo que o propietario tivo que vender ao precio de 1 euro/m2 porque a el non se lle permitía (por ser protexido) ningunha outra actividade que a de pagar os correspondentes impostos de propiedade.

Somos conscentes de que estamos ante unha actuación xudicial de enorme valor e transcendencia en relación á protección, non só deste espazo protexido da Rede Natura de As Catedrais, senón de todos os demáis espazos da Rede Natura amenazados pola ubicación de piscifactorías e pola chantaxe de empresas que, como agora Pescanova , totalmente sometida á estratexia do Partido Popular, están a desmostrar tan pouco respeto pola lexislación ambiental e de protección do litoral e tan pouco respeto polo dereito de todos e todas nós a poder seguir disfrutando daqueles espazos naturais de maiores valores ambientais e paisaxísticos. Está hoxe na man da xustiza señalar con inequívoca determinación as determinacións da lexislación ambiental, pero está tamén na man de toda a cidadanía, de todas e todas nós, seguir reivindicando e exixindo a aplicación da lei.

ADEGA-LUGO

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com