ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Marítima
Sección coordinada por Jaime Vázquez Miraz

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Navigasa continua a súa expansión coa compra dun novo buque
• Cedeira é a primeira das catro unidades que a navieira prevé incorporar proximamente á súa frota
• A botadura do próximo mercante prevese para o próximo mes de marzo nos Estaleiros Armón de Vigo


Chuza! esta nova!
Redacción 26 de xaneiro de 2007 Navigasa (Navieira de Galiza, S.A.) acaba de adquirir un novo buque, o Cedeira, con capacidade de carga de 4.100 Tm. É o primeiro dos catro buques que a empresa ten proxectado incorporar á súa frota antes de que finalice 2008. O segundo se botará a finais de marzo nos Estaleiros Armón de Vigo, onde actualmente se constrúe.

Navigasa é unha navieira de referencia en no estado español, con 35 anos operando no mercado estatal e en pleno proceso de crecemento. Os dous novos mercantes multipropósito que constrúe en Armón están valorados en 23 millóns de euros e teñen unha capacidade de carga cada un de 5.000 toneladas. Navigasa, ademais, ultima nestes momentos un ambicioso plan de expansión no que se inclúe a incorporación do Cedeira, e que contempla ademais a construción ou adquisición non só de unidades de carga seca, senón tamén de grandes buques para transporte de produtos químicos e carburantes líquidos e gasosos.

A navieira anunciou en novembro do pasado ano a entrada do Grupo Tapias no seu accionariado, circunstancia que se produciu co coñecemento e o impulso da Xunta de Galiza. De feito, a Xunta, a través do IGAPE, apoia o plan de expansión mediante a concesión de avales destinados a financialo. Ademais, a propia administración autonómica, mediante a sociedade de capital risco Xesgaliza, conta cunha participación do 15% na empresa.

Navigasa pertence ao Grupo Macogasa DDY, presidido por Darío Amor e integrado, ademais da navieira, por frigoríficos, negocios de importación-exportación e outros relacionados co brokerage e os seguros marítimos e xerais.

Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com