ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O web de Vueling xa está en galego
• Despois dunha intensa campaña realizada pola Ciberirmandade e a Mesa, o web xa se pode consultar en galego

Chuza! esta nova!
Redacción 26 de xaneiro de 2007 Vueling Airlines S.A. que opera desde Santiago de Compostela, ofrecía até o de agora a información no seu web nas distintas linguas do estado agás o galego. Agora xa é posíbel ler o web no noso idioma, tras unha intensa campaña realizada pola Ciberirmandade da Fala e pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Esta campaña iniciada hai uns meses animaba ás usuarias e usuarios a enviar correos electrónicos explicando a necesidade dunha tradución ao gaelgo da páxina. A campaña estaba dirixida a Vueling Airlines S.A. e a outras empresas das que operan en Galiza.

Vueling Airlines S.A. deu o paso e engadiu a opción de gaelgo para as súas clientas e clientes, agardamos que as demais aeroliñas que operan en Galiza tomen nota e fagan o mesmo.

Agora tan só queda que alén da tradución dos contidos do web, cambien "gallego" por "galego", así como algún que outro "y" que aparece por aí e que a animación central do web apareza en galego, en troca de en português. Tamén sería de agradecer que as azafatas que acompañan ás pasaxeiras e pasaxeiros nos avións falasen galego, así como as mensaxes e advertencias de seguranza.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com