ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Matemáticos de todo o Estado reúnense en Compostela ao redor do Nodo CESGA para dinamizar a innovación e transferencia de métodos e técnicas matemáticas e estatísticas á empresa

Chuza! esta nova!
Redacción 23 de xaneiro de 2007Hoxe 23 e mañá 24, celebraranse en Santiago de Compostela, organizadas polo Nodo CESGA, e dentro do proxecto Consolider INGENIO MATHEMATICA, as xornadas “Arrancando MATHEMATICA CONSULTING” xurdido co obxecto de promover o uso de métodos e técnicas matemáticas no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación nas empresas.

O proxecto Ingenio MATHEMATICA é unha proposta singular que desenvolverá un Programa de Actividade Investigadora integral para a matemática española, co fin de promover e executar actuacións estratéxicas. A intención é incrementar, cualitativa e cuantitativamente, o peso da matemática no ámbito da Ciencia e Tecnoloxía no espazo nacional e internacional. En MATHEMATICA participa un nutrido grupo de investigadores galegos pertencentes ás Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo, ademais do Centro de Supercomputación de Galiza (CESGA).

Coas Xornadas “Arrancando MATHEMATICA CONSULTING”, ás que asistirán matemáticos e investigadores de todo o estado, representantes de empresas de diferentes sectores, como ENDESA e AFI (Analistas Financieros Internacionales), preténdese dar a coñecer a situación actual do Consulting, marcar as pautas de actuación para potenciar a transferencia da tecnoloxía matemática, buscar mecanismos de interconexión entre os grupos de investigadores que participan no proxecto MATHEMATICA e marcar o percorrido da plataforma MATHEMATICA CONSULTING para o ano 2007.

As xornadas celebraranse, hoxe, martes 23 e mañá, mércores 24, en horario de mañá e tarde, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Todas aquelas persoas interesadas poderán seguir as sesións por Internet, no web http://www.mathematica.unican.es .

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com