ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Xosé Manuel Beiras entrevistouse con Wangari Maathai, premio Nobel da Paz
O presidente da Fundación Galiza Sempre modera hoxe 23 un debate sobre “A cuestión nacional no movemento antiglobalización”

Chuza! esta nova!
Redacción 23 de xaneiro de 2007 Xosé Manuel Beiras, responsábel de Alternativas Programáticas da Executiva do BNG, entrevistouse onte en Nairobi con Wangari Maathai, activista africana en defensa do medio ambiente, da democracia e dos dereitos da muller, que recibiu en 2004 o premio Nobel da Paz. Beiras asiste na capital de Kenia ao Foro Social Mundial (FSM), en calidade de presidente da Fundación Galiza Sempre.

Wangari Maathai foi a primeira muller africana en recibir o Nobel da Paz. Deuse a coñecer en 1977 ao fundar o “Movemento Cinturón Verde”, para reforestar Kenia desde unha perspectiva social -combatir a erosión e proporcionar leña para cociñar ás familias-. Tamén denunciou a corrupción e a falta de liberdades en Kenia, o que provocou o seu paso polo cárcere. O proxecto Cinturón Verde expandiuse por máis de 30 países africanos.

“A cuestión nacional no movemento antiglobalización”

En calidade de presidente da Fundación Galiza Sempre, Beiras moderará un debate sobre “a cuestión nacional no movemento antiglobalización”, no cal se tratará da relación entre a emancipación social e a soberanía nacional. Terá lugar hoxe, martes 23.

Foro Parlamentar Mundial

Así mesmo, o que foi portavoz nacional do BNG participará no Foro Parlamentar Mundial, que se celebra en paralelo ao FSM e no cal se reúnen parlamentares e ex parlamentares para buscar alternativas á globalización neoliberal; en defensa da paz mundial e dunha orde económica xusta. Este Foro celebra a súa sesión principal o mércores 24.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com