ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*A Copa do Mundo de Salto de Obstáculos de Hípica celebrarase en Vigo entre os días 9 e 11 de febreiro

Chuza! esta nova!
Redacción 22 de xaneiro de 2007 O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, asistiu o pasado venres á presentación da Copa do Mundo de Salto de Obstáculos que se celebrará entre os días 9 e 11 de febreiro en Vigo, que este ano contará coa novidade de introducir actos culturais.

No acto de presentación deste evento, que se celebra en Vigo por sexto ano consecutivo, participaron ademais a alcaldesa da cidade de Vigo, Corina Porro; o presidente do Comité Organizador, Manuel Fernández de Sousa; o presidente da Federación Galega de Hípica, Carlos Domínguez, e o director xeral de Acción Social de CaixaGalicia, José Manuel García.

Santiago Domínguez destacou o feito de que Vigo sexa unha desas 13 cidades elixidas para celebrar a Copa do Mundo e insistiu na necesidade de que esto se converta xa nun costume: “Que Vigo estea este circuíto demostra que está capacitada para organizar este tipo de eventos e que se colaboramos todos podemos poñer a Vigo no máis alto”.

O director xeral para o Deporte destacou o traballo que está a realizar o comité organizador: “Teño que felicitar e agradecer o traballo e a ilusión de Manuel Fernández de Sousa, porque sen o seu empuxe pouco poderíamos ter feito as institucións”. Para a edición do presente ano, a organización, asumiu novas introducindo varias actuacións musicais previstas, nas que destaca o concerto de Hevia o próximo día 3 de xaneiro. Ademais haberá actuacións de rondallas, desfile de comparsas e danza tradicional galega. Todo esto ao longo de varios días, antes de que na fin de semana do 9 ao 11 de febreiro teñan lugar as probas da Copa do Mundo de Saltos, nas que participarán os mellores xinetes do mundo.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: