ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O PP estanca o novo Estatuto galego
• Logo de máis de seis horas de reunión Núñez Feijoo non aceptou nin Nación nin deber de coñecemento do galego
• Quintana: "Intentámolo, pero non puido ser"
• Touriño: "Unha oportunidade peridida"
• Feijoo: "Neste momento non foi posíbel"


Chuza! esta nova!
Redacción 17 de xaneiro de 2007 A reunión que tiña por obxecto chegar a un acordo dos tres partidos para fechar o novo Estatuto galego, non chegou ningún lado. Logo de máis de seis horas de reunión Núñez Feijoo non aceptou ningunha das propostas feitas dende o BNG ou dende o PSOE referentes á cuestión identitaria. Feijoo non quería a palabra Nación a súa proposta era "sentimento nacional". Tampouco PP está de acordo en equiparar o estatus do galego ao do castelán, nin deber nin obriga nin nada de nada.

Outros dos puntos discordantes foron a financiación e as competencias de caractes exclusivo para Galiza na que novamente Núñez Feijoo imposibilitou calquera opción de acordo.

Anxo Quintana sinalou a pesar do esforzo feito polos nacionalistas para presentar alternativas, “haberá que agardar a un momento político no que se dean mellores circunstancias”. “Para nós, tan importante como ser unha nación é actuar como tal”, sostivo o vicepresidente da Xunta, “e por iso aceptei as propostas do presidente aínda que non eran as mellores”. A pesar da falta de acordo, o líder do BNG afirmou que quedou algo positivo da reunión: “Agora todos temos por escrito as propostas de cadaquén”

Anxo Quintana sinalou tamén que a reunión de hoxe estivo marcada claramente polas discrepancias que manteñen o PP e o PSOE en Madrid e cúlpaas da imposibilidade do acordo de hoxe, “durante toda a reunión, planeou sobre nós unha situación política que se está a dar en Madrid, da que ningún dos tres é directamente responsábel e que non favoreceu un acordo”, sentenciou.

Por outra banda Touriño lamenta que non houbera acordo e califica a reunión de hoxe como "unha oportunidade perdida", coincide con Quintana en que haberá que agardar a outro momento político máis favorábel. Touriño tamén agradece a "xeneroridade política" de Quintana ao aceptar as súas propostas en favor do acordo e lamenta a actitude negativa de Núñez Feijoo.

Núñez Feijoo, protagonista principal do desacordo, ao non aceptar ningunha proposta en materia de identidade, lingua e financiamento que viñesen do BNG ou do PSOE, dixo que "neste momento non foi posíbel" e non pecha a porta a unha nova negociación. Tamén cre que se avanzou bastante xa que só quedan "30 puntos de discrepancia". Tamén sentenciou durante a rolda de imprensa que o PP non vai aceptar que Galiza se defina como unha Nación.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: