Publicidade
Contacto
|
*Correa puxo en marcha a súa “revolución” en Ecuador
• Correa promoverá un modelo económico do "socialismo do século XXI"
Redacción 16 de xaneiro de 2007 Rafael Correa asumiu onte a presidencia de Ecuador e deu iniciou a unha "revolución radical" no país, que inclúe a renegociación da débeda externa, a convocatoria a unha Asemblea Constituinte que renove a Carta Magna e a implementación dun modelo económico que inclúe, como principal medida, a nacionalización dos recursos energéticos.
"A revolución cidadá ven de iniciarse e ninguén a poderá parar", exclamou Correa, de 43 anos, ante o Congreso e un centenar de delegacións estranxeiras encabezadas polos presidentes de Venezuela, Hugo Chávez; Irán, Mahmmud Ahmadinejad; e Bolivia, Evo Morales.
No seu primeiro acto de goberno, asinou o decreto polo cal convocou para o 18 de marzo a unha consulta popular sobre unha Constituinte de "plenos poderes", coa que prometeu derrotar á "partidocracia" e lograr a maioría. A convocatoria será remitida ao Congreso "para o seu coñecemento", pero non para que a autorice, o que foi considerado ilegal de antemán pola oposición.
Logo de xurar como presidente, Correa presentou ao seu gabinete, que está integrado por sete mulleres -entre elas a primeira ministra de Defensa da historia do país-, e dispuxo, tamén por decreto, unha redución do 50% do seu salario e o dos funcionarios máis importantes.
"Iremos a unha renegociación soberana e firme da débeda externa ecuatoriana", de 10.328 millóns de dólares, o equivalente ao 25% do Produto Interno Bruto. Correa promoverá un modelo económico do "socialismo do século XXI".
Fonte: Axencia Walsh
Voltar a Internacional
Ir á Portada
Ver Anteriores
|
Publicidade:
|