ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Internacional

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Cuba denunciou que Estados Unidos rouboulle fondos que tiña depositados

Chuza! esta nova!
Redacción 16 de xaneiro de 2007 O goberno cubano denunciou que os seus fondos conxelados en bancos estadounidenses, estimados en 268,3 millóns de dólares, están case extintos como parte dun “roubo continuado” de Washington. "Como resultado do roubo continuado, a maioría dos fondos de entidades do Estado cubano retidos en bancos de Estados Unidos prácticamente se extinguiron", sinalou este luns o diario oficial Granma, nun extenso artigo que titulou "Una historia de despojo".

E destacou que "a maior parte dos fondos do Estado e de entidades estatais cubanas concentrábase en tres contas bancarias", unha "do Banco Nacional de Cuba (BNC) e dúas da Empresa de Telecomunicaciones (EMTELCUBA)", retidas "no Chase Manhattan Bank, de Nova York (hoxe o banco JP Morgan Chase)".

Segundo Granma, o máis recente informe da Oficina de Control de Activos Estranxeiros (OFAC) do Departamento do Tesouro ao Congreso, o total deses activos "estimábase en 268,3 millóns de dólares".

"Pero hoxe prácticamente non queda nada no conxelador, pois os fondos foron roubados co contubernio da mafia anticubana de Miami, a xustiza e o goberno de Estados Unidos", dixo o diario, ao precisar que xa quedaron "sen saldo a conta con activos do BNC e unha das de EMTELCUBA".

A outra conta de EMTELCUBA, engadiu, "ten un remanente de pouco máis de seis millóns de dólares" e "restan preto dunha ducia de millóns de dólares en varias contas menores de institucións privadas ou públicas, así como 58,1 millóns de dólares pertencentes a cidadáns afectados tamén pola política do conxelador".

Granma resaltou que Cuba "non cesará no seu empeño de seguir denunciando o proceder das autoridades norteamericanas e reclamando os dereitos do seu pobo", tras denunciar que a illa sufriu entre 1996 e 2006 "catro desposúos dos seus fondos".

A cancillaría cubana informou a semana pasada que o 27 de novembro, Washington pagou 72,1 millóns de dólares ás familias de dous estadounidenses mortos en 1961, un dos cales participou na invasión de Bahía de Cochinos e o outro foi fusilado.

Fonte: Axencia Walsh e Granma Internacional.

Voltar a Internacional
Ir á Portada
Ver Anteriores

Publicidade: