Publicidade
Contacto
|
*ArroutadaNoticias.com dous anos na rede!!!
• O 14 de xaneiro de 2005 publicábase a primeira noticia deste xornal
Redacción 14 de xaneiro de 2007 Hoxe estamos de celebración, ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede celebra o seu segundo ano de vida! Tal día coma hoxe hai dous anos publicábamos a nosa primeira noticia. Dous anos de existencia non é nada mais para os que formamos parte deste proxecto dous anos é todo! Ao longo deste tempo fomos incorporando novos contidos e seccións e aínda que somos conscientes de que queda moito por facer cremos que poder celebrar este segundo aniversario é todo un éxito. Éxito que ven respaldado polas cifras, medramos mes a mes en visitas e visitantes e podemos presumir de ter o foro máis concorrido da rede galega cunha cantidade de máis de 110.000 mensaxes, unhas 200 por día, dende xullo de 2005.
En canto ao número de visitas ArroutadaNoticais.com recebeu máis de 100.000 durante o pasado ano 2006 dato que cualificamos coma un éxito total tendo en conta o pouco tempo que levamos na rede. Agardamos superar amplamente esta cifra durante o 2007.
A ampliación de contidos e seccións, sobre todo nos últimos meses, marcan a tendencia a seguir no futuro máis inmediato polo que agardamos poder ampliar esa oferta, así como incluír novas voces á sección de opinión.
Xa por último queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posíbel que ArroutadaNoticias.com chegara até aqui, a todas as nosas lectoras e lectores, a todas as persoas que diariamente entran no foro a debater ou simplemente a falar, a todas as colaboradoras e colaboradores que fan posíbel que enchamos de contido estas páxinas... ...
MOITAS GRAZAS!!!
Longa vida ArroutadaNoticias!!!
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|