ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Galiza Nova denuncia o continuísmo no Consello da Xuventude de Galiza através do pacto de Xuventudes Socialistas co Partido Popular
• A organización xuvenil nacionalista pregúntase se esta é a alternativa que merece a mocidade galega

Chuza! esta nova!
Redacción 13 de xaneiro de 2007 Con motivo da celebración da Asemblea Xeral do Consello da Xuventude de Galiza (CXG) este sábado 13 de xaneiro, a organización xuvenil Galiza Nova fixo pública a súa valoración a respeito do desenvolvimento do proceso asemblear do CXG, denunciando un pacto entre as mocidades do PSOE e do PP que é continuísta do xa existente e que se concretou na renovación dun Comité Permanente no cal ademáis do PSOE, que recolle a Presidencia, (que coincide significativamente na mesma persoa que é presidenta de Xuventudes Socialistas) na que se a dereita e mesmo a ultradereita, din.

Galiza Nova denuncia o continuísmo dun modelo que non soluciona os problemas do asociacionismo xuvenil galego, en forma de apoio real ás asociacións de carácter local ou comarcal que si traballan no país; ademáis manifestase tamén a incapacidade do CXG para ampliar a súa base asociativa, xa que até o de agora está limitada a tan só 21 asociacións, das cales unha grande parte non teñen estrutura coñecida nen actividade real, puidendo ser calificadas como “organizacións pantasma”. Neste momento Galiza Nova valora como ridículo o número de organizacións que o conforman e pouco representativo da realidade asociativa xuvenil.

Para Galiza Nova, o CXG, que é o interlocutor oficial da mocidade coa Xunta de Galiza, debera posicionarse e oferecer alternativas aos principais problemas da mocidade, como emprego, vivenda, ensino ou normalización lingüística. O CXG só organiza campañas nunhas temáticas moi determinadas (saúde, sexualidade, internet...) e focalizadas case sempre en Compostela, co cal a mocidade do país descoñece na súa inmensa maioría a esta institución que a representa na teoría.

Ademáis, Galiza Nova solicita unha xestión máis transparente do CXG e solicitou unha auditoría económica externa, que foi rexeitada.

Por último, Galiza Nova aposta por abrir un debate social a respeito dos métodos de interlocución da mocidade coas administracións, e vai abrir un proceso de debate e contactos co tecido asociativo xuvenil de todo o país, dentro dun proceso de apertura dunha nova Lei de Mocidade, que agardamos que sirva para acadar un marco institucional alternativo, no cal participen asociacións xuvenís de todo o país e onde se expresen os problemas da mocidade, apostando por dimensionar organismos que sexan realmente os referente das alternativas da mocidade.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: