ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*A ''Oficina Española de Patentes y Marcas'' concede o rexisto do nome "Galescola" á asociación Vogal

Chuza! esta nova!
Redacción 13 de xaneiro de 2007 A ''Oficina Española de Patentes y Marcas'' aceptou nuha resolución do pasado 16 de decembro a solicitude apresentada pola asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas), concedendo o rexisto do nome "Galescola" en favor da asociación.

A asociación Vogal expresa "a sua satisfacção por ver reconhecidos os seus legítimos direitos sobre o nome que ela criou e difundiu e reitera que ninguém está autorizado a usá-lo para outros projectos alheios aos da própria associação".

Haberá que agardar para coñecer á reación da Xunta de Galiza ante esta resolución da OEPM, xa que podería ser un atranco para o proxecto chamado Galescolas lanzado pola Vicepresidencia da Xunta de Galzia.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: