Publicidade
Contacto
|
*A C.I.G. denuncia a existencia de traballadores e traballadoras, no Concello de Ponteareas, que non cobran o salario mínimo interprofesional
Redacción 12 de xaneiro de 2007 A C.I.G. sabe da existencia de traballadores e traballadoras do Concello de Ponteareas que non perciben nin o S.M.I. (salario mínimo interprofesional), o que é unha clara ilegalidade agravada, se cabe, por tratarse dunha administración pública. Malia o aviso ou recordatorio feito ao Concello no mes de novembro do 2.006, ao traveso dos representantes sindicais, o resultado foi, como ven sendo costume nesta equipa de goberno, a calada por resposta.
Ademais da ilegalidade desta indignante situación, así como doutras onde é de vergoña os ingresos dalgúns compañeiros, que con certeza engrosarán a lista de galegos e galegas con graves dificultades para chegar ao fin do mes, a inxustiza acrecentase, cando hai outros que perciben gratificacións, produtividades, etc., sen ningún tipo de problema, sen saberse de causa extraordinaria que xustifique por qué ese tipo de pagamentos extras, do que algúns representantes sindicais non reciben ningunha información ou explicación ao respecto, e dicir, imponse, como nos peores tempos, o silenzo e escuridade sobre este tipo de actuacións de quen “goberna” no concello de Ponteareas.
Como sempre premiase aos achegados do momento, non existindo, pola contra, ningún rubor en ter pechadas, ou baixo mínimos, algunhas dependencias durante varios días, en detrimento dos contribuíntes, como ocorreu os pasados 27, 28 e 29 de decembro.
Algúns traballadores e traballadoras pensan que non estaría demais facer unha reclamación a “xaponesa”, e dicir, traballar mais horas sen cobrar, pero polo que se ve, neste Concello, hai poucos seguidores desta costume, malia que moitos privilexiados, polo que perciben, debían estar case as 24 horas no Concello.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|