Publicidade
Contacto
|
*Francisco Jorquera asistirá á manifestación convocada polo goberno vasco baixo o lema “Pola paz e o diálogo. Esixímoslle a eta a fin da violencia”
Redacción 12 de xaneiro de 2007 O coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, asistirá mañá en representación da organización nacionalista á manifestación que convocou en Bilbao o goberno vasco co lema “Pola paz e o diálogo. Esixímoslle a ETA a fin da violencia”.
O tamén senador nacionalista afirmou que para o BNG “o terrorismo non pode ser un pretexto para facer campaña contra opcións políticas distintas das representadas polo PP e o PSOE, é dicir, non debe ser usado como arma política contra o nacionalismo”.
Avogou tamén pola unidade e o diálogo entre as forzas políticas democráticas, e lembrou a condena do uso da violencia como arma política que sempre mantivo o Bloque Nacionalista Galego. Jorquera instou á ETA a “escoitar a voz de toda a sociedade vasca e a unanimidade de todos os pobos de España a prol da paz”.
A manifestación convocada polo lehendakari Ibarretxe sairá mañá ás 17.00 horas do Sagrado Corazón de Bibao e percorrerá a Gran Vía da capital biscaíña.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|