ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*PORTUGALIZA, a partir do sábado na Sala NASA


Chuza! esta nova!
Redacción 11 de xaneiro de 2007 Un ciclo que nos permitirá coñecer traballos e artistas representativos da música e do teatro que se está a facer na actualidade en Portugal, fuxindo dos estilos e dos formatos máis tópicos, de cara a ofrecer unha imaxe máis contemporánea e plural da cultura portuguesa, e que contribúa a normalizar a presencia das artes escénicas portuguesas na carteleira galega e a promover un contacto máis directo entre os creadores de ámbolos dous países.

Portugaliza é un programa creado e desenvolvido pola NASA que se vén celebrando dende 1995 sen unha periodicidade regular, pero que se ten convertido nunha ponte de comunicación estable coa escena portuguesa. A partir do ano 2005 este ciclo conta co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, apoio que está a garantir a súa continuidade.

Entre os grupos que teñen habitado esta PORTUGALIZA haberá que citar a Trigo Limpo (Tondela), A Barraca (Lisboa), Olho (Lisboa), Teatro Art’Imagem (Porto), Teatro da Serra de Montemuro, Teatro de Marionetas do Porto, Útero Teatro (Lisboa), Balleteatro (Porto), Projecto Buh! (Coimbra), Unu (Porto), Vozes da Rádio, Quinteto Tati, Microaudiowaves...

PROGRAMA XANEIRO 2007

13SÁBADO | 23,00H.
BANGGURU (Lisboa) electrónica

18XOVES | 22,00H.
TRABALHADORES DO COMÉRCIO (Porto) rock

19VENRES, 20SÁBADO | 22,00H.
TEATRO DE MARIONETAS DO PORTO: NADA ou o siléncio de Beckett

23MARTES | 21,30H.
TRIGO LIMPO: CANTOS DA LINGUA (música popular portuguesa)

25XOVES | 22,00H.
TRIGO LIMPO: DUAS HISTORIAS DE SOLIDÂO teatro

26VENRES, 27SÁBADO | 22,00H.
PERIPÉCIA TEATRO: IBÉRIA a louca história de uma península

MEMORIA
A marca humana de 26 freguesías do Concellho de Tondela (Portugal) Exposición de fotografías que funciona como un cruce de memorias a partir de 26 retratos de persoas maiores de todas as parroquias deste concello do interior de Portugal.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: