Publicidade
Contacto
|
*O vindeiro sábado 13 terá lugar no Museo do Pobo Galego a presentación dos materiais didácticos “Non queimes o futuro”
Redacción 11 de xaneiro de 2007 O obxecto deses traballos é achegar á poboación escolar en dous chanzos de idade: alumnas e alumnos de 3º ciclo de Primaria e do 1º ciclo de Secundaria, é dicir nenas e nenos de 10 a 14 anos, materiais axeitados ás súas idades. Con eles preténdese sensibilizalos sobre a catástrofe que supón o lume forestal para crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural.
Preténdese así mesmo facilitar outro material (a exposición) susceptíbel de ser utilizado en ámbitos non só académicos, senón tamén no ámbito da poboación xeral.
Na exposición, composta por vinte paneis de 100 cm. por 75, recóllense as ideas preventivas e as consecuencias negativas da queima do monte. Pódese utilizar tanto en centros escolares como en calquera outro contexto. O título xenérico é Incendios Forestais: O valor da Prevención
O proxecto Non queimes o futuro consta de dúas unidades didácticas: unha para 3º ciclo de primaria e outra para 1º ciclo de ESO. Nelas faise un percorrido, guiados por Anxo e por Ánxela, polas diferentes situación que se dan na queima dos montes, analizando as causas e as consecuencias cunha linguaxe comprensíbel para estas idades.
Como complemento á exposición e ás unidades didácticas elaboramos un pequeno vídeo.
A súa funcionalidade é de presentación dos materiais, ao tempo que introduce na problemática dos incendios dunha maneira máis concisa que a exposición.
Dúas guías didácticas complementan o material.
No acto de presentación estará, xunto con representantes da AS-PG e autores dos materiais, o Director Xeral de Montes e industrias forestais, D. Alberte Blanco; o Director Xeral de Xuventude e Solidariedade D. Rubén Cela; o director Xeral de Innovación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal D. Gonzalo Flores e o Conselleiro do Medio Rural D. Alfredo Suárez Canal.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|