ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Autos Lobelle e Azkar Lugo loitarán dende o xoves 25 polo Campionato de Europa de Clubs Campións de Copa
· Entre o 25 e o 28 de xaneiro Santiago será o escenario desta competición que o ano pasado conquistou o Azkar Lugo

Chuza! esta nova!
Redacción 10 de xaneiro de 2007 No Campionato de Europa de Clubs Campións de Copa disputarase en Compostela coa participación de equipos do estado español, Portugal, Italia, Rusia e Kazajistan.

Onte tivo lugar o emparellamento dos equipos, polo que se coñeceu que o Azkar Lugo se enfrontará ao Spartak Shelkovo o xoves 25 ás 19 horas, mentres que o Autos Lobelle se medirá ao Aktyubrentgen (de Kazajistan) ás 21 horas. Ao día seguinte, venres 26, enfrontaranse Benfica e Spartak (19h), e Luparense - Aktyubrentgen (21h). Os equipos galegos volverán xogar o sábado 27: o Autos Lobelle ao Luparense ás 18.30h, e ás 20.30h, Azkar Lugo - Benfica. Os primeiros de cada grupo loitarán polo título, cuxa final se disputará o domingo 28 ás 18h.

A primeira edición desta competición disputouse en Murcia, e resultou vencedor o equipo local, El Pozo Murcia; o ano pasado esta Copa xogouse en Lugo, e tamén resultou vencedor o local, Azkar Lugo, polo que de continuar a tradición, "este sería o ano do Autos Lobelle", tal e como dixo, ao longo do acto desta mañá o presentador do mesmo, o xornalista Terio Carrera.

Santiago Domínguez, presente neste evento, lembrou que "o máis importante destes dous clubs galegos non é os títulos e os bos resultados que consiguen na elite, senón o gran traballo que están realizando na base, promovendo a práctica do fútbol sala a través das súas escolas". Xunto ao director xeral para o Deporte, asistiron ó presidente do Lobelle, José Antonio Lobelle; Manuel Portas, concelleiro de Deportes de Santiago; Pilar Souto, deputada de Cultura e Deporte na provincia de A Coruña.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: