ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*ETA afirma que o alto o fogo permanente iniciado o 24 de marzo de 2006 continúa vixente
· No comunicado envíado ao diario Gara asume a autoría do atentado de Barajas

Chuza! esta nova!
Redacción 09 de xaneiro de 2007 Nun comunicado enviado á redacción do diario GARA, ETA afirma que o alto o fogo permanente iniciado o 24 de marzo de 2006 segue en vigor. ETA reafírmase nos obxectivos expresados na Declaración do 22 de marzo (na que mostraba a súa disposición a «impulsar un proceso democrático en Euskal Herria para construír un novo marco no que sexan recoñecidos os dereitos que como pobo nos corresponden e asegurando de cara ao futuro a posibilidade de desenvolvemento de todas as opcións políticas»). No comunicado, ETA asume a autoría do atentado de Barajas.

No comunicado, redactado íntegramente en euskara, ETA fai unha lectura da situación política nove meses despois de declarar o alto o fogo. Afirma que foron o Goberno español e o PSOE quen, «poñendo obstáculos sen cesar ao proceso democrático», provocaron esta grave situación. ETA critica tamén ao PNV: «Queremos denunciar a actitude mostrada polo PNV de Imaz nestes últimos meses, xa que actuou contra a esquerda abertzale alimentando a liña do Goberno español».

Afirma, ademais, que o Executivo español continúa sen cumprir os seus compromisos de alto o fogo.

De cara ao futuro, o comunicado recorda que a oportunidade para desenvolver o proceso democrático «chegará a través dun acordo político que recolla os dereitos e mínimos democráticos que se lle deben a Euskal Herria», e empraza a desterrar fórmulas policiais e políticas fracasadas e sen saída.

Por outra banda, a organización asume a colocación do coche-bomba que estalou o pasado 30 de decembro nun aparcadoiro do aeroporto internacional da capital española, e agrega que as súas decisións e respostas serán acordes ás actitudes do Goberno español. Nese sentido, e tras afirmar con claridade a súa vontade de reforzar e impulsar o proceso, engade que, na medida en que persista a situación de agresión contra Euskal Herria, ETA ten tamén a firme determinación de responder, tal e como anunciaron no comunicado de agosto. En relación ao atentado de Barajas, a organización afirma con rotundidade que «o obxectivo desa acción armada non era causar vítimas», e denuncia que non se desaloxara o aparcadoiro malia as tres chamadas realizadas, con máis dunha hora de antelación, detallando a ubicación exacta do artefacto explosivo.

Fonte: Gara.net

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: