ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Caixanova oferta a posibilidade de receber correspondencia comercial en galego
· Con esta medida cumpre parte dos acordos acadados coa Mesa pola Normalización Lingüística

Chuza! esta nova!
Redacción 09 de xaneiro de 2007 A caixa de aforros Caixanova comeza a ofertar a posibilidade de receber correspondencia comercial en galego a quen así o solicite. Esta era unha das medidas que Caixanova e A Mesa pola Normalización Lingüística acordaran por escrito o pasado ano tras unha intensa campaña pola galeguización da banca realizada por parte da organización lingüística.

O Presidente desta organización cidadá, Carlos Callón, sinala que, porén, algúns dos compromisos da entidade aínda non se levaron a cabo, como por exemplo que a páxina web www.caixanova.es teña opción en galego. Así mesmo, lamenta que esta caixa galega exclúa o idioma propio do país en moitas das súas campañas publicitarias. Para Callón, “non parece moi xustificábel que unha caixa de aforros, con suficientes medios humanos e económicos, continúe sen ter nin tan sequera unha opción en galego no seu web, o cal repercute negativamente no servizo á súa clientela e na súa propia imaxe de entidade comprometida con Galiza”.

A Mesa convida á clientela a que soliciten no 902 905 000 a correspondencia en galego

A Mesa quere animar publicamente a que a clientela de Caixanova solicite no teléfono 902 905 000 que a correspondencia lles chegue de agora en diante en lingua galega. Hai que sinalar que tal opción é para toda a clientela de Caixanova no conxunto do Estado, o cal beneficia non só ás persoas residentes en Galiza senón tamén aos inmigrantes galegos noutras comunidades autónomas.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: