ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Marítima
Sección coordinada por Jaime Vázquez Miraz

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Pesca I, rescate a 100 millas
Evacuada a Vigo a pasaxeira do cruceiro Black Prince

Chuza! esta nova!
Atlántico Norte 08 de xaneiro de 2007 O helicóptero Pesca I, con base en Vigo, realizou onte a evacuación dun cruceiro sobrevoando unha distancia de 200 km. Este helicóptero, dependente da do goberno galego, xa é coñecido por ter realizado asistencias caracterizadas polo seu longo percorrido, e polo tanto de alto risco.

O capitán do cruceiro Black Prince, de bandeira británica, tralos primeiros exames do servizo médico de abordo, decidiu solicitar a evacuación dunha pasaxeira do mesmo orixe, cunhas fortes dores pélvicas. O buque tras comunicar con Salvamento Marítimo, e coordinar a operación, dirixiuse cara costa co fin de acurtar no posíbel a distancia e facilitar o rescate. A muller atópase ingresada no hospital de Povisa.

Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores

Publicidade: