ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Ramiro Ledo presenta o seu filme CCCV o mércores 10 no Cineclube de Compostela
· O director explicará o proceso de realización da fita e proxectarase material inédito de Carlos Varela

Chuza! esta nova!
Redacción 08 de xaneiro de 2007 O Cineclube de Compostela abre este mércores 10 de xaneiro a súa programación do 2007 coa proxección de CCCV (Cine Clube Carlos Varela) do cineasta galego Ramiro Ledo Cordeiro, no Local Social O Pichel (Santa Clara, 21) ás 22:00. A proxección contará coa presenza do realizador, que explicará ao público asistente de qué xeito foi construindo o filme a partir do proceso de escolma e tratamento do material orixinal ao que tivo acceso. Asemade, logo da proxección de CCCV, serán proxectados anacos inéditos do material filmado por Carlos Varela Veiga, que até o de agora non sairan á luz.

En CCCV recupérase parte das filmacións do cineasta lugués Carlos Varela Veiga, quen coa súa cámara de Súper 8 deu conta en imaxes da consciencia do pobo galego cara á súa autoorganización, e da loita contra a represión no posfranquismo máis inmediato. Con ese material o director, guionista e realizador do filme, Ramiro Ledo Cordeiro, compón unha historia que fai revivir a traxectoria e o estilo do cineasta galego, enraizado no cinema directo dos EUA e a Francia do sesenta e oito: as gravacións de Chris Marker do pobo norteamericano contra a guerra de Vietnam (A Sexta cara do pentágono, O fondo do aire é vermello), o Willian Klein de Grandes serán, pequenas mañás, ou A Batalla de Chile de Patricio Guzmán.

Con CCCV abrese unha programación que, até o 7 de febreiro, estará centrada na uso do cinema como instrumento para a recuperación da memoria histórica. Ademáis deste filme, proxectaranse nas vindeiras semanas Raymundo (Ernesto Ardito e Virna Molina, Arxentina, 2003), ...A Valparaíso (Joris Ivens / Chris Marker, Chile, 1962), Tire Dié (Fernando Birri, Arxentina, 1962), Sen Sol (Sans Soleil, Chris Marker, Francia, 1983). Para finalizar, o 7 de febreiro contaremos coa presenza do cineasta galego Alberte Pagán, que vai presentar o seu filme Bs. As.

A proxección de CCCV realizarase na súa versión orixinal en galego, e a entrada será de balde, puidendo os asistentes adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube.

Programación:

XANEIRO (Cinema e Memoria -10, 17, 24, 31 de xaneiro e 7 de febreiro)

Mércores, 10 de xaneiro, 22:00
CCCV-Cineclube Carlos Varela (Ramiro Ledo Cordeiro, Galiza, 2005, VO)
en presenza do director

Mércores, 17 de xaneiro, 22:00
Raymundo (Ernesto Ardito e Virna Molina, Arxentina, 2003, VO)

Mércores, 24 de xaneiro, 22:00
...A Valparaíso (Joris Ivens / Chris Marker, Chile, 1962, VO)
Tire Dié (Fernando Birri, Arxentina, 1962, VO)

Mércores, 31 de xaneiro, 22:00
Sen Sol (Sans Soleil, Chris Marker, Francia, 1983, VOSG)

FEBREIRO

continuación de "Cinema e Memoria"
Mércores, 7 de febreiro, 22:00
Bs. As. (Alberte Pagán, Galiza, 2005, VO)
en presenza do director

ciclo Straub-Huillet-Costa (14, 21 e 28 de febreiro):
Mércores, 14 de febreiro, 22:00
Ósos (Ossos, Pedro Costa, Portugal, 1997, VOSP)


Mércores, 21 de febreiro, 22:00
Onde xace o teu sorriso? (Oú gît votre sourire enfoui?, Pedro Costa,
Francia / Portugal, 2001, VOSG)

Mércores, 28 de febreiro, 22:00
Sicilia! (Danièlle Huillet e Jean-Marie Straub, Italia/Francia/Suíza,
1999, VOSG)

MARZO

Mércores, 7 de marzo, 22:00
A rapaza da caixa de chapeus (Devushka s korobkoy, Boris Barnet, URSS,
1927, muda, VOSG)

Mércores, 14 de marzo, 22:00
A terceira xeración (Die Dritte Generation, Rainer Werner Fassbinder,
RFA, 1979, VOSE)

Mércores, 21 de marzo, 22:00
A sedución do caos (La seducción del caos, Basilio Martín Patino,
España, 1990, VO)

Sábado 24 de marzo
FESTA 6º ANIVERSARIO do Cineclube

Mércores 28 de marzo, 22:00
Dar a luz (Alumbramiento, Víctor Erice, España, 2002, VO)
Dez (Ten, Abbas Kiarostami, Francia/Irán/EUA, 2002, VOSG)

Voltar a Cinema
Ir á Portada