Publicidade
Contacto
|
*Domínguez Olveira clausurou en Vigo o campionato de España de balonmán infantil e cadete
· Andalucía e Catalunya foron as seleccións que acadaron maior éxito
Redacción 08 de xaneiro de 2007 Logo de cinco días de competición, as delegacións que participaron en Vigo no Campionato de España de Balonmán Infantil e Cadete deixan a nosa terra. Esta mañá de luns, celebrouse o acto de clausura e de entrega de premios, ao que asistiron, amais de Santiago Domínguez, Antonio Montalvo por parte do Consejo Superior de Deportes; Jesús López Ricondo, presidente da Federación Española de Balonmán; José Luis Pérez Ouro, presidente da Federación Galega e Lucía Molares, concelleira de Deportes de Vigo.
Durante este acto agradeceuse a colaboración das entidades participantes e destacouse o éxito da nova fórmula de organización pola que se concentran todos os partidos nun mesmo recinto, neste caso no IFEVI.
As seleccións con mellores resultados deportivos foron Andalucía (campioa en infantil feminino e cadete masculino) e Catalunya (campioa en infantil masculino e segunda clasificada en cadete masculino). Ademais, Euskadi foi a primeira clasificada en cadete feminino.
Pola súa parte, Galiza clasificouse en sexto lugar en infantil masculino, cadete feminino e cadete masculino, e en oitava posición na categoría infantil feminino.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|