Publicidade
Contacto
|
*Ryanair a empresa número 1 de Europa en tarifas baixas regala miles de billetes
Redacción 05 de xaneiro de 2007 A cabalgata de Oriente de 2007 ten un novo acompañante: Ryanair. A empresa aérea número 1 de Europa, que en 2006 transportou a máis de 42 millóns de viaxeiros, únese á alegría dos Reis Magos ofrecendo aos españois miles de billetes por só 1 céntimo de euro. A partir do 5 de xaneiro empeza a primeira gran promoción con voos gratis a todos os destinos de Ryanair en Europa.
Ryanair, que terminou 2006 regalando 20. 297 (o mesmo número do "Gordo" da Lotaría de nadal) billetes de avión, comeza o ano con novos agasallos. Para os que aínda non visitaron destinos como Faro, Porto, Billund (Dinamarca) ou Bournemouth (Reino Unido) desde Madrid; Liverpool desde Santander e Santiago de Compostela; Nottingham East Midlands desde Valencia, Tenerife e Xirona; e outros moitos máis, agora teñen a oportunidade de comezar o ano descubrindo novos lugares.
En relación a estas novas propostas de Ryanair, Maribel Rodríguez, Directora de Marketing e Vendas para o estado español e Portugal, asegurou:
"Con Ryanair non hai escusas para viaxar e coñecer outros países, a nosa intención é sempre a mesma, que os consumidores paguen o menor prezo posíbel, neste caso só 1 céntimo, e teñan a oportunidade de viaxar coa empresa numero 1 en atención ao cliente e número de pasaxeiros. Damos a posibilidade de voar coa frota máis nova de Europa e coa compañía de maior crecemento. Con Ryanair o único que tes que facer é decidir onde che apetece ir.
Se aínda non sabes que pedir aos Reis, ou que regalar en Reis non busques máis e sorprende aos teus cos agasallos mais orixinais".
*Taxas e impostos excluídos
Reserva desde a medianoitee do 4 de xaneiro até a medianoite do xoves 11 de xaneiro
Oferta aplicábel para voos desde o 13 de xaneiro de 07 até o 24 de marzo de 07
Comprar con 7 días de antelación
Días de voo: De Luns a Xoves e Sábados
Períodos non válidos para viaxar:
09 feb 07 -19 feb 07 a/desde Reino Unido
16 feb 07- 27 feb 07 a/desde Irlanda
15 mar 07- 20 mar 07 a/desde Irlanda
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|