Publicidade
Contacto
|
*63 produtoras e 125 traballos optan aos premios mestre mateo deste ano
na academia galega do audiovisual
Redacción 05 de xaneiro de 2007 Un 55% de empresas Produtoras máis que na convocatoria do ano pasado,
preséntanse desta volta aos Premios Mestre Mateo polo momento, pendente
aínda de recibírense máis producións por correo postal enviadas dentro
do prazo regulamentario. Son 63 as Produtoras que enviaron traballos,
anque nalgúns casos, unha soa Produtora presenta distintos produtos,
ben exclusivos ben coproducidos. O nº de traballos presentados ascende
a 125, incrementándose este ano nun 26% respecto do ano anterior.
Estas cifras son aínda, como se dí anteriormente, provisionais, dado
que estase á espera da recepción de máis traballos enviados antes do 2
de xaneiro, data na que remataba o prazo de presentación, abríndose
así o proceso de selección de traballos por parte da Comisión
correspondente para corroborar se os traballos presentados cumpren os
requerimentos esixidos nas Bases que rexen a convocatoria, sendo este
o primeiro ano en que a Academia conta cun organismo semellante
integrado exclusivamente por profesionais do sector. Unha vez
elaborada a listaxe de candidaturas, comezará o proceso de votación
por parte dos socios, que culminará coa Gala dos Premios Mestre Mateo
06 que se celebrará na vindeira primavera, e que arroxará os
resultados das votacións en cada unha das 25 categorías en que se
distribúen estes Premios.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|