ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Nordestin@s: o grande éxito de vendas da música galega no Nadal

Chuza! esta nova!
Redacción 05 de xaneiro de 2007 O trío Nordestin@s, formado por Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade, estase a converter na sensación de vendas da música galega deste Nadal. Dende que o seu primeiro proxecto se puxera á venda o pasado 11 de decembro, xa se colocaron no mercado cáseque 2.000 exemplares de “Nordestin@s”. Cifra que, de seguro, aumentará durante esta semana previa a Reis.

É decir que, con preto de 700 discos vendidos cada semana, un disco galego colócase á altura de discos recén lanzados ao mercado por multinacionais coma os de Ismael Serrano (Universal), Rammstein (Universal), ou G5 (Virgin), o grupo formado por Kiko Veneno, Tomasito, Muchachito… que rozan esas mesmas cifras dentro do TOP-100 de vendas de todo estado*. “Nordestin@s” colócase mesmo por riba dos discos de grandes éxitos de Jamiroquai (Sony BMG), The Ramones (Warner Music) e apostas tan comerciais como “Batuka Latin” (Universal-Vale Music).

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: