ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Internacional

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Mensaxe de Aninovo dos cinco presos políticos cubanos en EUA
• Gerardo, Fernando, René, Antonio, Ramón, os cinco presos políticos cubanos presos nos cárceres dos EUA, enviaron o seu saúdo de Aninovo ao pobo da illa e ratificaron o seu compromiso coa Revolución e agradeceron a todos aqueles que os acompañan na súa loita pola súa liberación.

Chuza! esta nova!
Redacción 03 de xaneiro de 2007

Querido pobo de Cuba:

Foron moitas as batallas, as vitorias e os retos vencidos neste ano 2006 que culmina. Tamén este foi un ano de importantes celebración de destacados feitos históricos do noso proceso revolucionario que xa fai 48 anos.

Temos a absoluta certeza de que novos triunfos e novas glorias conquistarán neste novo ano 2007 que comezamos.

Grazas de todo corazón por acompañarnos nesta contenda pola xustiza, pola liberdade, pola verdade e por lograr un mundo mellor para Cuba e toda a humanidade.

Este ano 2007 tamén será crucial na nosa causa.

Poder contar coa forza incontíbel do noso pobo e de irmáns e irmás de todo o mundo dános a confianza certa de que obteremos a vitoria.

Estamos seguros tamén de que o noso querido Comandante se recuperará e continuará xunto a nós esta fermosa obra da Revolución. Para el desexamos todo o bo, toda a saúde e todo o amor do mundo.

Aquí estamos Comandante!
Viva o 48 Aniversario da Revolución!
Feliz Aninovo 2007!

Gerardo, Fernando, René, Antonio, Ramón.

Familiares e compañeiros:

Sentímonos moi felices, optimistas e firmes polo apoio que recibimos de
amigos de todo o mundo e por ver que a Revolución nos seus 48 anos fortalécese e é xa invencíbel, ao tempo que hai un espertar de plena independencia nos irmáns pobos da nosa América.

O ano 2007 será de novas e decisivas vitorias.

En nome dos 5:

SAÚDE, FELICIDADE E ÉXITOS!

Un forte abrazo revolucionario.

Feliz Aninovo!
Sempre están presentes coa súa irmandade e exemplo.
Venceremos!

Fonte: Axencia Walsh.

Voltar a Internacional

Ir á Novas

Ver Anteriores

Publicidade: