Publicidade
Contacto
|
*As cidadás e cidadáns de Estados Unidos terán que mostrar o visado para entrar en Bolivia
• O presidente de Bolivia, Evo Morales, aprobou un decreto para esixir ás cidadás e cidadáns de Estados Unidos un visado de ingreso ao seu país, similar ao que aplican as autoridades norteamericanas aos bolivianos.
Redacción 03 de xaneiro de 2007 O decreto foi un dos seis aprobados a pasada madrugada nunha inédita
sesión do consello de ministros n'A Paz, iniciada a media noite e convocada por Morais para recibir o ano novo traballando.
O ministro boliviano de Relacións Exteriores, David Choquehuanca, explicou que Estados Unidos pasou do grupo 1 ao 3 no réxime de esixencia de visados para as e os estranxeiros que visitan Bolivia, en virtude do principio de reciprocidade.
No grupo 1 están os países cuxa cidadanía non require visado para o ingreso a Bolivia, no 2 están aqueles cuxos nacionais precisan ese documento sen consulta e os do 3 necesitan visado con consulta para entrar en territorio boliviano.
"O Noso chanceler infórmanos de que é por unha cuestión de reciprocidade. Ten que ver con que algúns irmáns dirixentes, mesmo políticos, deben ter visa para viaxar a Estados Unidos", engadiu.
Apuntou, ademais, que Bolivia "por máis que sexa un país pequeno, chamado subdesenvolvido," tamén ten "a mesma dignidade" de calquera outro.
Fonte: Axencia Walsh.
Voltar a Internacional
Ir á Novas
Ver Anteriores
|
Publicidade:
|