ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Club Deportivo Lugo e Real Club Celta disputarán esta tarde a final da Copa Xunta de fútbol
• Nesta competición, que foi organizada pola Dirección Xeral para o Deporte, participaron todos os equipos galegos de Primeira, Segunda, Segunda B e o Lugo, que comezou a súa participación coma equipo de Terceira
• O último partido disputarase no Anxo Carro (18:00 horas, TVG) despois de que ambos clubs se puxeran de acordo


Chuza! esta nova!
Redacción 03 de xaneiro de 2007 Club Deportivo Lugo e Real Club Celta disputarán esta tarde no Anxo Carro (18:00) a final da primeira edición da Copa Xunta de clubs de fútbol, organizada pola Dirección Xeral para o Deporte.

Tanto o Lugo coma o Celta afrontan o choque coa maior das seriedades xa que teñen a posibilidade de conseguir o primeiro título da Copa Xunta de clubs de fútbol, que ten o obxectivo de revalorizar ao fútbol galego. A final disputarase no Anxo Carro, despois de que os dos clubs alcanzasen un acordo, xa que inicialmente estaba previsto que este último partido se celebrara en Balaídos. Pero ante a petición do Lugo, o club vigués accedeu a perder esta vantaxe en favor do equipo lucense e así tamén favorecer a presenza de seguidores celestes en Lugo.

O partido, que será retransmitido pola TVG en directo, será arbitrado polo colexiado Rubén Docabo Otero. O prezo das localidades son moi económicos (15 euros para Tribuna e Preferencia e 10 para Fondo) e ademais os menores de 18 anos poden entrar gratis no estadio lucense. Entre os nenos e nenas asistentes ao partido farase un sorteo de varias camisetas do Real Club Celta, Club Deportivo Lugo, a selección galega de fútbol e o Azkar.

Con este partido ponse o punto e final a unha competición que comezou no mes de agosto do pasado ano coa participación dos equipos galegos de Primeira, Segunda, Segunda B da tempada 2005/06 (Celta, Deportivo, Racing de Ferrol, Pontevedra, Celta B, Negreira e Ourense) e como invitado de Terceira o Lugo, que foi o equipo revelación do torneo, xa que logrou meterse na gran final deixando atrás a equipos de maior categoría, coma o Deportivo da Coruña.

O torneo comezou cunha fase de dous grupos de catro equipo (por criterios de proximidade xeografía) que se enfrontaron a partido único na casa do de menor categoría. De aí saíron os semifinalistas (Celta e Pontevedra no Grupo Sur e Lugo e Racing de Ferrol no Grupo Norte), que se enfrontaron entre eles alcanzando a final Celta e Lugo.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: