Publicidade
Contacto
|
*O Campionato de España de balonmán infantil e cadete comeza hoxe en Vigo
• Máis de 1.100 xogadores de balonmán reuniranse estes días no recinto feiral de Cotogrande, no que se montaron oito pistas de balonmán
• Onte comezaron a chegar as expedicións oficiais e hoxe bota a andar a competición oficial
Redacción 03 de xaneiro de 2007 O Campionato de España de Balonmán Infantil e Cadete, que reunirá a uns 1.400 participantes entre deportistas, técnicos e delegados, comezará a disputarse hoxe no Recinto Feiral de Cotogrande de Vigo.
Onte comezaron a chegar as expedicións das diferentes comunidades autónomas, que xa acudiron até o IFEVI para acreditarse e coñecer o lugar onde se disputará o campionato, unha das atraccións do torneo, xa que nos pavillóns do IFEVI se montaron oito pistas de balonmán así como 32 vestiarios e gradas, de forma que os participantes poderán seguir os partidos dos seus competidores o dos seus compañeiros sen ter que desprazarse. É a primeira vez que se organiza un campionato de España de balonmán nun único recinto, aínda que Vigo xa ten experiencia neste tipo de eventos, pero en outro deporte, xa que o ano pasado celebrouse no IFEVI o campionato de España de voleibol.
A competición, que finalizará o día 8 de xaneiro, comezará hoxe a partir das nove da mañá e continuará de forma continuada até as nove da noite. Os amantes do balonmán poden achegarse até o IFEVI, xa que poderán contemplar en directo ás promesas do balonmán tanto na categoría infantil coma cadete.
Hoxe será o momento da estrea para os equipos galegos. Na categoría cadete masculino, Galiza xogará mañá as 12:30 horas contra Canarias e pola tarde fronte a Cantabria (19:30). O equipo feminino cadete debutará contra Castela e León a partir das 19:30 horas. Na categoría infantil masculina, Galicia xogará contra Castela e León a partires das 17:45 horas, mentres que o equipo feminino debutará contra Aragón a partir das 19:30 horas.
Máis información en www.depertegalego.eu
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|