Publicidade
Contacto
|
*O memorial Pablo Borreguero celebrarase o 3 e o 4 en Nigrán
• Santiago Domínguez Olveira asistiu hoxe á presentación do torneo en memoria deste xogador, recentemente falecido
• Nigrán, Valencia, Celta e Deportivo disputarán este memorial, patrocinado pola Dirección Xeral para o Deporte
Redacción 03 de xaneiro de 2007 .- Nigrán, Valencia, Celta e Deportivo participarán no memorial Pablo Borreguero, que se celebrará mañá e pasado no estadio Condomínguez de Nigrán. Onte tivo lugar o acto de presentación do torneo, que se celebrará en memoria de Pablo Borreguero, un xogador do Nigrán que faleceu recentemente despois de caer desvanecido durante un partido de fútbol, e no mesmo participaron o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira; o alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez Millares, e o presidente do Nigrán, Guillermo Villar. Así mesmo, na presentación tamén se encontraban os pais do neno homenaxeado, Ángel e Ana, que agradeceron o esforzo da Xunta para patrocinar o memorial.
O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, destacou que este memorial “reflicte os valores do mundo do deporte, de acompañamento, solidariedade e da memoria. No deporte hai algo máis ca meter un gol, ca quedar primeiro o segundo, que a competitividade e eses son os valores que debemos transmitir aos nosos nenos e nenas”.
A Dirección Xeral para o Deporte patrocinará este torneo que se celebra só unhas semanas despois do falecemento do neno e que esperan manter ao longo do tempo e mellorando a calidade dos equipos participantes. Hoxe celebraranse as semifinais (Nigrán-Valencia e Celta-Deportivo) e o día 4 terá lugar a gran final a partir das catro da tarde.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|