Publicidade
Contacto
|
*BANGGURU
Bangguru son Joao Pico, Marisa Fortes, Joao Hora, Pedro Henriques, José Dias.
Bangguru son unha boa mostra da música que se está a facer agora mesmo en Portugal, cunha importante proxección internacional. Aparecido en Decembro de 2003 como un proxecto de música baseado no rock e na electrónica, Bangguru xunta voces, guitarras, programacións e samplers para crear algúns “imaxinarios reais”, como o de tentar conseguir redefinir o estilo electrónico non só pola suma de samplers, senón pola mestura de ritmos frenéticos e suficiente loucura. Comparados xa con Goldfrapp, Hooverphonic, Portishead, Kings of Convenience ou Esbjorn Svensson Trio, o colectivo Bagguru preserva, sobre todo, unha identidade moi particular e nos seus directos preséntase cunha forte vertente gráfica e audiovisual.
Atrás
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|