Redacción 11 de setembro de 2007 O vicepresidente provincial destaca a “presenza en aumento” do nacionalismo galego en todas as institucións do país durante a recepción oficial de todos os grupos políticos ao rexedor monfortino.
Bao propón a Monforte como “referente e motor” no proceso de comarcalización e insta ao seu alcalde a que “lidere” na zona sur da provincia a tarefa de mancomunar servizos para reducir custos e gañar en eficacia.
Severino Rodríguez aposta por “sumar esforzos tamén coa provincia de Ourense” na promoción turística conxunta da Ribeira Sacra por ser “unha realidade e unha potencialidade compartida por Lugo e Ourense”.
O rexedor monfortino ofrece a infraestrutura e o persoal do servizo de bombeiros municipal como base para a creación dun parque de bombeiros comarcal que dea cobertura a todos os Concellos da zona sur.