Publicidade
Contacto
|
*Galiza subcampioa do Mundo de Futsal Feminino
• As galegas perden 4 a 0 contra as anfitrioas nun partido que dominaron dende o comezo
Redacción 05 de outubro de 2008 Galiza proclámase subcampioa do mundo de futsal feminino ao perder na final 4 a 0 contra Cataluña. A pesares do enorme esforzo das xogadoras galegas en todo o campionato a vitoria na final non puido ser.
O resultado final (4-0)é totalmente engañoso, xa que o conxunto galego dominou durante moitas fases do partido pero sen moita puntería ante a portería contraria. Pola súa parte, Cataluña foi moi efectiva e marcou nos momentos máis oportunos, cando peor o estaba a pasar.
Así ao descanso chegouse cun 2-0 a favor do conxunto anfitrión. O segundo gol chegaba nunha contra xusto despois de que as galegas mandasen o balón ao pao da portería catalá.
No segundo tempo, Galiza tivo o balón sempre nos seus pés e creou varias oportunidades, pero xa nos minutos finais, e coa irmandiña volcada no ataque, o conxunto local marcou o terceiro e xa nos últimos segundos o cuarto e definitivo.
Ademais o equipo galego é moi novo en idade -a xogadora máis nova do campionato Ana Rivera Chavez con tan só 14 anos- polo que ten por diante moito futuro.
O Campionato
Galiza enfromtouse neste campionato a Rusia, no que perdimos 3 a 2. Contra Ucraína Galiza gañou 5 a 4 e tras a derrota das ucraínas contras as rusas pasamos a cuatros de final como segundas de grupo.
Xa en cuartos as galegas golearon ás arxentinas 8 a 1 o que nos deu o pase ás semifinais.
En semifinais empate a 3 tantos contra Colombia, e o partido resolveuse nos penaltis, tras unha prórroga sen goles.
Galiza perde a final 4 goles a 0 contra Cataluña, proclámandose subcampioa do mundo.
Pódes consultar todos os resultados e máis información na páxina oficial do campionato: http://www.reus08.cat e no blog http://futsal1930.blogspot.com
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|