Publicidade
Contacto
|
*Galiza chega á final do Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino tras eliminar a Colombia
• Cataluña é a outra finalista tras eliminar a Rusia
• O partido será retrasnsmitido pola TVG e a TV3 hoxe ás 17:00 h.
Redacción 05 de outubro de 2008 O I Mundial de Futsal Feminino, que se está a disputar en Reus, xa ten finalistas, Galiza e Cataluña. Houbo que sufrir e moito, pero a selección galega de fútbol sala feminina logrou clasificarse tras derrotar nos penaltis a Colombia.
A histótrica participación de Galiza nun mundial non puido ser máis impresionante, isto é o que se di chegar e encher, primeiro campionato do mundo futsal feminino e primeira participación de Galiza nun mundial e estamos na final.
Final histórica tamén, contra Cataluña, país organizador do campionato.
A final disputarase hoxe domingo 5 de outubro ás 17:00 horas e poderase seguir en directo poal TVG e a TV3.
Empate, prórroga e penaltis. Pero ao final todo ese sufrimento tivo recompensa: Galiza xogará contra Cataluña a final do Campionato do Mundo de Futsal que se celebra en Reus.
Onte as galegas non o tiveron fácil contra Colombia. O partido acabou con empate a tres tantos. Foi necesario xogar a prórroga e tamén acudir ao lanzamento de penaltis para desfacer ese empate e na sorte dos penaltis, foron as galegas as máis afortunadas.
Explosión de alegría e xa sen tempo para descansar a pensar na gran final.
O Campionato
Galiza enfromtouse neste campionato a Rusia, no que perdimos 3 a 2. Contra Ucraína Galiza gañou 5 a 4 e tras a derrota das ucraínas contras as rusas pasamos a cuatros de final como segundas de grupo.
Xa en cuartos as galegas golearon ás arxentinas 8 a 1 o que nos deu o pase ás semifinais.
En semifinais empate a 3 tantos contra Colombia, e o partido resolveuse nos penaltis, tras unha prórroga sen goles.
Pódes consultar todos os resultados e máis información na páxina oficial do campionato: http://www.reus08.cat e no blog http://futsal1930.blogspot.com
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|