ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Innovación e Industria colaborará coa asociación PuntoGal para impulsar o dominio galego en internet

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 10 de outubro de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria e a Asociación PuntoGal asinarán un convenio de colaboración para o impulso do dominio .Gal, no marco das políticas que está a desenvolver o departamento autonómico para promover a Sociedade da Información en Galiza.

Baixo este dominio en Internet, poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e/ou fomenten a cultura do país.

En virtude deste convenio, que será autorizado mañá xoves polo Consello da Xunta, a Consellaría achegará 186.000 euros para a realización de todas as xestións precisas para que o ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) aprobe o dominio galego. Deste xeito, esta achega será empregada nos gastos ocasionados pola realización de traballos técnicos e os custos que o propio ICANN impoña para poder presentar a candidatura galega. De igual xeito, contrataranse os servizos de apoio técnico e de apoio de carácter administrativo para a candidatura, e editaranse os materiais promocionais necesarios.

Asemade, garántese a presenza da Asociación PuntoGal nos eventos internacionais promovidos polo ICANN (Encontros de Lisboa, San Xoan de Porto Rico ou Os Ánxeles, por citar algúns exemplos) e a contratación de stands dentro da campaña promocional do dominio galego.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com