Publicidade
Contacto
|
*O quimiqueiro Anette Theresa solicita axuda
Un mariñeiro é evacuado por aire grave a A Coruña

Costa d'A Coruña 31 de decembro de 2006 O helicóptero Helimer Galiza, que sen dúbida é o aparato aéreo máis coñecido na cidade d'A Coruña, tivo que sobrevoar unha vez máis a cidade.
O buque Anette Theresa, un buque quimiqueiro, comunicou ao control de trafico de Fisterra a indisposición dun mariñeiro de nacionalidade filipina. Salvamento Marítimo coordinou unha radioasistencia, comunicándolle a un médico a sintomatoloxía a través do VHF, procedemento moi común no ámbito marítimo profesional. 
Tras o diagnostico inicial, do cal se sospeita unha afección cardíaca, Salvamento decide iniciar unha operación de evacuación aérea utilizando o helicóptero Helimer Galiza, con base no aeroporto de Alvedro, dende o barco, que se encontra a altura das Illas Sisargas, acercándose a costa, cara o Hospital Juan Canalejo da cidade herculina.
Actualmente o mariñeiro atópase ingresado na UCI en estado grave.
Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores |
Publicidade:
|