|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
68 por cento dos fogares estradenses ten computador
persoal
Redacción
31 de xaneiro 2006
Os datos que manexa o programa Cidade Dixital veñen a
romper moitos dos tópicos no referente a novas tecnoloxías
e territorios. Así, mentres se fala do retraso dalgunhas
zonas de Galiza, hai estatísticas que confirman a
excepción. Segundo
aestradadixital,
o 68 % dos fogares do municipio estradense teñen ordenador.
A cifra xa de por si elevada nun territorio rural, cobra máis
peso se se compara coa media galega e española. Segundo o
Instituto Nacional de Estatística (INE), na Galiza teñen
ordenador o 43,21 % dos fogares
e no Estado español, o 50,62 %.
A
chegada do
proxecto Cidade Dixital calou fondo á hora de mellorar
cifras. Iniciativas como a liña de subvención para a
compra de ordenadores (con 180 euros para particulares) teñen
gran parte do mérito.
Mentres, no que se refira á
conexión a Internet, A Estrada agarda á inminente
chegada da rede inalámbrica. Para 2006, os retos de cara a
mellorar datos estatísticos, pasan por aumentar o número
de conexións á rede e tamén o número
de certificados dixitais, unha iniciativa que todavía se
está tramitando. Nas próximas semanas, tamén
se espera cerrar a adxudicación das obras para o desprego
da rede inalámbrica. Ao concurso presentáronse un
total de catro ofertas que seguen en fase de estudo.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|