ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*O BNG manifesta a súa “firme” e “enérxica” condena ao atentado de ETA na T4 de Barajas
• O coordenador executivo, Francisco Jorquera, fai un chamamento a ETA para que deixe de ser “autista” e escoite a voz unánime de “todos os que non queremos que se frustre o proceso de paz”

Chuza! esta nova!
Redacción 30 de decembro de 2006 O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis firme e enérxica condena ao atentado terrorista perpetrado esta mañá na Terminal 4 do aeroporto de Barajas e amosa a súa solidariedade coas vítimas e coa familia da persoa que aínda está desaparecida.

O BNG fai un chamamento á organización terrorista ETA para que deixe de ser “autista” e apela a que escoite a voz de toda a sociedade vasca e a unanimidade de todos os pobos de España a prol do proceso de paz que, con este tipo de accións, vese frustrado.

Esta formación política quer facer público tamén o seu desexo, compartido pola maioría da sociedade galega e española, de que esta ruptura do alto ao fogo non sexa definitiva. Para o BNG, nestes momentos, alén da indignación e a repulsa, debe imperar por parte dos dirixentes políticos e do Goberno a serenidade e a prudencia, de tal xeito que non se adopte ningunha decisión precipitada que supoña unha volta atrás e unha involución a situacións do pasado.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:



600, 'B0E0E6', 'FFFFFF', '000000', '336699', '333333', '0', '', true);