ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Estoutra unha furgoneta na T4 de Barajas en Madrid
• Tres avisos aletraron da colocación do artefacto
• 19 feridos leves e unha persoa desaparecida
• Rubalcaba afirma que o atentado "interrompe o alto ao fogo de ETA"
O BNG manifesta a súa “firme” e “enérxica” condena ao atentado de ETA na T4 de Barajas


Chuza! esta nova!
Redacción 30 de decembro de 2006 Tres avisos un ás 6:55 h. (hora galega) ao DYA de Gipuzkoa outro entre as 07:00 e as 07:05 h. (hora galega) aos Bombeiros de Madrid, avisando da colocación dun artefacto de gran potencia na terminal 4 do aeroporto de Barajas, nunha furgoneta Renault Traffic de cor granate, e un terceiro aviso media hora máis tarde recibido no SOS Deiak, esta vez en nome de ETA, (segundo fontes da Ertzaintza) precederon á explosión dunha bomba na terminal 4 do madrileño aeroporto de Barajas esta mañá.

Dezanove feridos leves, entre eles dous policías, e unha persoa desaparecida son o balance deste atentado. Ao parecer unha persoa quedara a durmir no coche mentres a súa compañeira agardaba na terminal a unha persoa que chegaba de viaxe. Efectivos das forzas de seguranza do estado están a buscar a esta persoa entre os cascallos.

Fonte: Gara.net

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: