|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Galiza
3 Uruguai 2
Redacción
30 de
decembro 2005 Onte foi o
debut da nosa Selección de Futbol contra a dúas
veces campiona do mundo de Uruguai. Gañamos. E non só
polo resultado do partido 3-2, (que foi todo un éxito tendo
en conta que era un equipo que nunca antes xogara xunto), gañamos
tamén pola festa en San Lázaro, que estaba
abarrotado, e gañamos sobre todo en orgullo, gañamos
en autoestima, onte Galiza foi máis Galiza.
Onte
Galiza puido facer realidae un soño que levaba moito tempo
agardando, por fin a nosa Selección de Futbol voltou ao
campo logo de 70. O estadio de San Lázaro ficou pequeño
para o evento, houbo cheo absoluto, bandeiras da Patria a esgalla,
fixose a onda incontábeis veces, o partido foi unha grande
festa, unha grande festa nacional. Xa o berraba o público:
“Unha Nación! Unha Selección!”.
Por
outra banda no palco das “auoridades” todo eran
alegrias e mota emoción, en palabras do Vicepresidente
da Xunta, Anxo Quintana e este medio: “Hoxe foi
un día histórico!, hoxe somos máis País”,
“O resultado era o de menos, pero a verdade é que
xogamos con unha técnica e un nível impresionante!”.
A Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo comentaba
ao remate do encontro: “Estou contenta, estou feliz, foi
unha festa coma nós queríamos”. Xurxo
Souto: “Isto é unha auténtica apoteose,
aquí temos a mostra da arte para o fútbol que temos
os galegos”. Por outra banda Horacio Gómez,
Presidente do Celta: “Estou orgulloso da aportación
do meu Club á Selección”, e Augusto César
Lendoiro, Presidente do Depor: “Ao f inal
o resultado foi axustado, pero houbo un bó fútbol e
iso e o importante”. Ana Pontón, Deputada polo BNG
no Parlamento Galego: “É un momento histórico
para Galiza, somos unha Nación e medímonos en pé
de igualdade co resto das Nacións do Mundo”. O
Presidente da Xunta de Galiza, Pérez Touriño:
“Bueno foi unha autentica fiesta, e creo que vale a pena”,
e xa por último o Conselleiro de Inovación,
Industria e Turismo, Fernando Blanco, comentabanos ao
remate do encontro: “O feito de que por fin teñamos
Selección é un motivo de orgullo e esperanza, e como
ademais gañamos moitsimo mellor”.
Como
anécdota destacar a rolda de prensa do seleccionador
uruguaio, quen dixo que lle gustaría poder ter a revancha
en terras uruguaias, e que este partido “sgnifica moito máis
do que credes para Uruguai”, “moitos de nós
somos descendentes de Galiza, e iso está
presente”
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|