Publicidade
Contacto
|
*Samaín. A Festa das Cabazas
Redacción 30 de outubro de 2006 Hoxe luns 30 comezan as actividades que, dentro do SAMAÍN – Festa das Cabazas, ten programadas a Concellaría de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense.
Ás 5 da tarde terá lugar na Praza da Imprenta un Obradoiro de Manualidades relacionadas co Samaín. Neste Obradoiro, que se extenderá até as 7 da tarde, produciranse materiais que percorrerán ao día seguinte as rúas do Ourense Vello na Procesión das cabazas.
O martes 31 de outubro tamén na Praza da Imprenta ás 5 da tarde, dará comezo un Obradoiro de decoración de cabazas. A este obradoiro están convidadas todas as nenas e nenos (e non tan nenos) que queiran asistir. Mália no Obradoiro teremos un bon número de cabazas, pregamos ás persoas que asistan á festa traigan o seu próprio colondro, para evitar que ninguén fique sen ela.
Apartir das 7 da tarde, xa coas cabazas rematadas, e depois de apagar a iluminación pública, partirá da Praza da Imprenta unha procesión que, depois de percorrer o Ourense Vello con cabazas, velas, percusións e outros accesórios, rematará formando festa popular na Praza do Ferro, coa participación da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro.
Deste xeito a cidade de Ourense súmase un ano máis á celebración do Samaín, festividade de orixe céltico cada vez máis extendida polo noso país –nomeadamente instalada no rural- mália que non conseguiu até o pasado ano introducirse nas cidades. Na organización do evento, conta-se coa colaboración de distintas entidades culturais da cidade, tais como a Asociación de Artesáns de Ourense, a Aula de Música tradicional Gomes Mouro, o Local Social A Esmorga e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo, que se encarga de editar unha Unidade Didática realizada por Rafael López Loureiro, que se repartirá por todos os Centros de Ensino que así o demanden.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|