|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Unha
web desata a polémica sobre os soldados norteamericanos en
Iraq
Redacción
30 de setembro
2005
O Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América
está a investigar a páxina web
www.NowThatsFuckedUp.com
por ofrecer imaxes pornográficas que supostamente estarían
captadas en Iraq. Segundo parece, a meirande parte das rapazas que
se amosan en tal web son modelos, pero lograron identificar a unha
das mesmas coma membro das forzas desprazadas no Golfo Pérsico.
A soldado aparece realizando un striptease e mantendo relacións
sexuais con outro soldado, o que desatou un escándalo nos
EE.UU.
Asemade, a web permite aos soldados remitir as súas
propias imaxes, polo que non só aparecen imaxes eróticas,
senón que moitas resultan macabras (con imaxes de soldados
xunto a cadáveres ou restos humanos) e incluso chegaron a
publicar vídeos con escenificacións e detencións
de iraquís, polo que as autoridades están
preocupadas polo que se pode chegar a difundir dende tal páxina
e, segundo o New York Times, Chris Wilson, dono de
NowThatsFuckedUp.com, está sendo investigado.
Publicado
no Diario Dixital Código
Cero
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|